
Seguramente, se chegaches ata aquí, é porque tes unha inquietude con respecto ao xogo.

Se apostar deixou de ser algo divertido e controlado, é o momento de parares.
E se o precisas, de pedires axuda.
En KIROLBET temos un compromiso co xogo ético e responsable. Por iso pomos a disposición de quen o precise unha serie de ferramentas:
Ponte límites
Dispós de ferramentas que poden ser de axuda para manteres o control sobre a túa participación no xogo.
PRECISAS AXUDA?
Pomos á túa disposición unha serie de asociacións coas que colaboramos desde hai anos.
RECOMENDACIÓNS
Recomendacións para unha aposta segura e responsable:
- Se decides xogar, faino só para te entreteres e mellor en compañía.
- Pon un límite de tempo e axústate a el.
- Decide canto queres gastar. E gañes ou perdas, non mudes de opinión.
- Acepta a perda como parte do Xogo, non trates de compensalas.
- Non pidas diñeiro prestado para apostar.
- Non utilices o Xogo para te enriqueceres.
- Xoga cando esteas relaxado e concentrado.
- Non xogues para deixar atrás problemas, preocupacións ou frustracións.
- Non xogues se te estás a recuperar doutra adicción.
TEST AUTOAVALIACIÓN
Ponte límites
Cando apostas debes ter conta do tempo e do diñeiro que queres dedicar ao xogo.
LÍMITES DE INGRESOS E APOSTAS
Cómpre que, previamente, establezas uns límites que marquen as regras do xogo. Para iso, podes establecer os límites de importe máximo de depósitos e/ou apostas para un período determinado (diario, semanal, mensual).
Autoexclusión
Se as apostas deixaron de ser unha diversión para ti, convén que te tomes un tempo antes de te volver meter no partido, a Autoexclusión permíteche deixar en suspenso a túa conta de usuario durante o período que teñas seleccionado.
INSCRICIÓN NO REXISTRO DE INTERDICIÓN DE ACCESO AO XOGO
Se non tes o control, e o xogo está a prexudicar a túa vida ou a da xente do te redor, a Administración Pública ofrece a posibilidade, cando non queiras que se che permita o acceso ao xogo, de te inscribir no Rexistro de Interdición de Acceso ao Xogo. Podes tramitar a túa inscrición a través da seguinte ligazón: Dirección General de Ordenación del Juego.
PRECISAS AXUDA?
Existen Asociacións de axuda a persoas con adicción ao xogo que traballan na provisión de información, apoio e axuda práctica en torno ao impacto social do xogo. Se o xogo está a influír de xeito negativo na túa vida, pide axuda:
JUGADORES ANÓNIMOS EN ESPAÑA
Apartado Postal 1002 - 39080 Santander, Cantabria
Tel.: 670 691 513
oficina@jugadoresanonimos.org
http://www.jugadoresanonimos.org
FEJAR FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE JUGADORES DE AZAR REHABILITADOS
Avda. de la Constitución, 27 Entlo. A 03400 VILLENA (ALICANTE)
Tel.: 900 200 225
fejar@fejar.org
http://www.fejar.org