Sabemos o IMPORTANTE que é a túa privacidade para ti, por iso, animámoste a que dediques o tempo necesario a ler detidamente este documento e as actualizacións posteriores que pode ter do mesmo.
Quen está detrás desta declaración?
O responsable do tratamento de datos é a empresa ARTXIBET 2022 S.A con CIF A67778860 que actúa baixo a marca KIROLBET e atópase situada no enderezo Candido Lobera 5 AT 3, 52001 Melilla.
Como contactar connosco?
Para calquera solicitude relacionada con a túa privacidade ou o exercicio dos teus dereitos, ponte en contacto connosco a través da canle de Atención ao Cliente de KIROLBET quen te atenderá e, no seu caso, derivarán internamente a túa incidencia para ser resolta á maior brevidade posible.
Como presentar unha queixa?
Se non estás satisfeito coa forma en que administramos a túa privacidade, tes dereito a presentar unha queixa diante da axencia española de protección de datos (AGPD) http://www.agpd.es/portalwebAGPD/CanalDelCiudadano/contacteciudadano/index-ides-idphp.php
INFORMACIÓN QUE RECOLLEMOS CANDO UTILIZAS OS NOSOS SERVIZOS E CON QUE FINALIDADE A UTILIZAMOS
A principal fonte de recolla de datos persoais da que dispomos provén da interacción que teñas connosco a través dos medios de contacto habilitados para o efecto na web.
Entre outra, indicámosche que tipo de información ou datos se poderían recoller e tratar:
- Nome e datos de contacto. Recollemos o teu nome e apelido, enderezo de correo electrónico, enderezo postal, número de teléfono e outros datos de contacto semellantes.
- Documentos de identificació. Recollemos documentos que permiten a verificación dos datos que nos facilitaches.
- Comunicacións Recollemos o teu teléfono ou conversas de chat/telefónicas en directo para atender as incidencias que se lle formulan ao servizo de atención ao cliente que se habilita na páxina web.
- Cookies. Recollemos información sobre as cookies cando visitas a nosa páxina web. Para obteres máis información sobre o uso de cookies consulta a nosa política de cookies.
Procesamos a información para xestionar a situación que nos teñas podido expor froito da interacción que teñas connosco.
COMO COMPARTIMOS A TÚA INFORMACIÓN
Compartimos os teus datos co teu consentimento ou cando son precisos para completar calquera operación que teñas solicitado ou autorizado.
1. Dentro do Grupo de empresas
A referencia a "Grupo" dentro deste documento inclúe a todas as empresas que exercen a súa actividade a nivel autonómico ou estatal a través da marca comercial KIROLBET. Neste sentido, calquera membro do grupo podería ter acceso aos datos persoais para a xestión da situación que nos teñas podido expor na interacción que manteñas connosco.
2. Terceiros por razóns legais
Tamén podemos compartir información persoal cando sexa necesario para o cumprimento das diferentes obrigas que temos, como, por exemplo:
- Para cumprir coas obrigas legais e responder aos pedidos das axencias gobernamentais, incluídas as autoridades policiais e outras autoridades, que poden incluír autoridades fóra do seu país de residencia.
- No caso dunha fusión, venda, reestruturación, adquisición, empresa conxunta, cesión, transferencia ou outra disposición de todo ou parte do noso negocio, activos ou accións.
- Para protexer os nosos dereitos, usuarios, sistemas e Servizos.
3. Organismo regulador
A información persoal mencionada na presente Política de Privacidade tamén poderá ser mostrada a calquera organismo regulador, se houbese un acordo previo que sustentara o intercambio, en relación á vixilancia e supervisión das políticas de xogo responsable establecidas pola empresa. Estes organismos poderán, á súa vez, utilizar a túa información persoal para investigar e actuar perante tales incumprimentos de conformidade cos seus procedementos.
DEREITOS DO USUARIO
Como titular dos teus datos, dispós dunha serie de dereitos que se detallan de seguido. Debes de ter en conta que algún destes só se aplica en circunstancias específicas e están cualificados en varios aspectos por exencións na lexislación de protección de datos.
Acceso a información persoal
Tes dereito a solicitarnos unha copia da información que teñamos sobre ti, póndote en contacto connosco a través das canles de Atención ao Cliente.
Corrección da información persoal
Tes dereito a solicitar que rectifiquemos e corrixamos calquera información persoal que procesemos sobre ti que sexa incorrecta. Proporcionámosche unha configuración de conta e ferramenta para accederes á información asociada coa túa conta.
Dereito de supresión
Tes dereito a solicitar que os teus datos sexan suprimidos cando xa non exista razón para continuar co tratamento.
No entanto, por obriga legal o responsable do tratamento deberá de conservar os datos facilitados polo interesado. Estes datos almacenaranse de forma bloqueada para que durante períodos adicionais facer posible o cumprimento das nosas obrigas legais en conformidade coas leis ou normas de aplicación, como aquelas regras aplicables ao xogo, ou a normativa de prevención do branqueo de capitais.
Ademais, podemos reter a túa información persoal durante períodos máis longos, sempre que reter dita información sexa preciso para os intereses lexítimos do Grupo, como por exemplo prevención da fraude e mantemento de rexistros.
Dereito á portabilidade dos datos
Tes dereito a obter a información que nos proporcionaches co teu consentimento ou que é necesaria para que che proporcionemos os nosos servizos nun formato que che permita transferir esa información persoal a outra organización. Podes ter dereito a transferir a túa información persoal directamente a outra organización se fose tecnicamente posible.
Dereito a restrinxir o procesamento de información persoal
Tes dereito a solicitar que suspendamos o tratamento da túa información, non obstante, esta poderá continuar almacenada, quedando o seu tratamento suxeito ao teu consentimento.
Dereito a oporse ao procesamento de información persoal
Tes dereito a te opores ao uso que fixermos da túa información en función dos nosos intereses lexítimos. Sen embargo, poderemos continuar a tratar a túa información, malia a túa oposición, cando concorran motivos lexítimos ou teñamos que cumprir cunha obriga legal.
Dereitos relacionados coa toma de decisións automatizadas e o perfil
Tes dereito a non estar suxeito a unha decisión que se basee unicamente no procesamento automatizado cando esta decisión produza un efecto legal ou che afecte significativamente. O que suporá que un dos nosos empregados se involucre no proceso de toma de decisións.
Poderás exercer estes dereitos mediante solicitude escrita dirixida a clientes@kirolbet.es
TEMPO DE CONSERVACIÓN DOS DATOS
Conservamos os datos persoais durante o tempo que sexa preciso para proporcionarche o servizo e cumprir coas transaccións que teñas solicitado, ou para outros fins esenciais, como o cumprimento das nosas obrigas legais ou o cumprimento dos nosos contratos.
OUTROS ASUNTOS ÚTILES SOBRE PRIVACIDADE E SEGURIDADE
Bases de lexitimación para o tratamento
Os datos que che solicitamos en caso de te pores en contacto connosco son adecuados, pertinentes e estritamente necesarios. Neste sentido, as bases legais que lexitiman o tratamento dos teus datos son o consentimento, o cumprimento de obrigas legais, o intereses lexítimo, e o interese público.
Seguridade dos datos
Comprometémonos ao cumprimento da obrigación de segredo dos datos de carácter persoal e do deber de os gardar, e adoptaremos as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, de acordo co establecido por normativa aplicable.
Temos implantadas as medidas de seguridade de índole técnica e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos seus datos persoais e evitar a súa alteración, perda e tratamento e/ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos a que están expostos, quer proveñan da acción humana ou do medio físico ou natural, de acordo co establecido pola normativa aplicable.
Almacenamento dos datos
Os datos recollidos son almacenados e tratados na Unión Europea, mantendo os seus centros de datos principais en dito territorio. Comprometémonos a non transferir ningún dato fóra da Área Económica Europea e, en caso de o facer, notificaráseche de conformidade co establecido na normativa en materia de protección de datos.
Ligazóns
A páxina web pode incluír ligazóns a outros sitios que non son operados ou controlados por nós. Por iso, non garantimos, nin nos facemos responsables da licitude, fiabilidade, utilidade, veracidade e actualidade dos contidos de tales sitios web ou das súas prácticas de privacidade. Por favor, antes de proporcionar a túa información persoal a este sitios web alleos a nós ten en conta que o seu cumprimento en materia de protección de datos pode diferir do noso.
Alteracións na Política de Privacidade
Esta Política de Privacidade pode sufrir modificacións periódicas, por iso, en cada caso visualizarase un aviso na páxina web ou outro medio de comunicación en que se dará coñecemento de dita mudanza. Con todo, recomendámosche que verifiques periodicamente a Política de Privacidade